11 Agosto 2009

Pois é a primeira vez que xogo a un xogo desta saga é a verdade é que unha vez te acostumbras ao ritmo pausado do xogo, xa quedas enganchado. Recoñezo que vindo dos shoot’em up, o meu primeiro impulso era matar a todo o que se movía, pero neste xogo non se trata diso, de feito hai veces nas que se matas a alguén fracasas a misión.
En modo individual a historia está moi ben contada e as misións son moi coherentes. Trátase de infiltrate en diversos escenarios (un barco, un búnker, un banco…) para obter información, interrogar personas ou matar terroristas, todo cun sixilo extremo, para evitar ser detectado, posto que existen tamén cámaras e alarmas que incrementan a protección dos inimigos cando se disparan. Para conseguir ser sixiloso vas equipado cunhas gafas que proporcionan visión nocturna (imprescindible), térmica e “electrónica”. Ademáis vas equipado cun fusil de asalto con varios complementos (mira telescópica, dardos eléctricos….) e unha pistola con silenciador (imprescindible para romper todas as bombillas que atopes) que tamén permite bloquear cámaras de seguridade.

En modo cooperativo puiden xogar con un amigo via Skype e a verdade é que é moi divertido, sobre todo porque hai determinados movementos imprescindibles para avanzar nos que tes que realizar unha acción cooperativo co compañeiro. É unha pena que neste modo as fases sexan soltas (aínda que seguen mais ou menos unha historia secuencial) e que non se poda gardar no medio dunha fase para continuar o día seguinte.

Tamén existe un modo de xogo en rede tipo death match que apenas probei porque cambia un pouco a filosofía do xogo e os movementos.
A única pega importante que lle atopei ao xogo é que a dificultade máis alta é desproporcionada non permitindo apenas acercarte aos inimigos sen que se dean conta e moito menos usar armas. Así o xogo é un pouco raiante. Polo demáis, debo dicir que moi ben, a pesar de non ser un título de última fornada cumpliu e desde logo penso seguir coa saga en canto poda.
1 comentario |
Xogos | Tagged: chaos theory, espías, sam fisher, splinter cell, videoxogo, xogo |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
3 Maio 2008
Bueno, pois como xa o acabei, toca comentar… A ambientación do xogo é perfecta. Envólvenos nunha atmósfera dos anos 50-60 moi lograda e moi ben acompañada musicalmente. A historia é bastante orixinal: temos un accidente de avión e caemos no océano, curiosamente perto dunha especie de faro no medio da nada que sirve de entrada a un mundo submarino creado nos anos 50 totalmente autónomo chamado Rapture. Pero dese mundo nada máis que nos podemos imaxinar o esplendor que tivo nos seus inicios, xa que está totalmente inmerso nun caos provocado polo descontrol duns experimentos de melloras xenéticas que se estaban a levar a cabo. E os habitantes-mutantes non podían ser outros que unha especie de zombies xenéticamente modificados que non dubidan en atacarte en canto te ven. Enseguida descubrimos a fonte dos seus poderes: o ADAM, unha especie de medicamento vía intravenosa que altera os nosos xenes para darnos poderes inimaxinables. Non dubidamos en aplicalo en nós mesmos cuns resultados espectaculares. A medida que avanza o xogo imos atopando diversos medicamentos xenéticos (plásmidos), que nos dan poderes de todo: telequinesis, poder lanzar lume ou electricidade, facer que os nosos enemigos nos protexan… En fin, algo imprescindible para avanzar no xogo.

Tamén iremos collendo armas cada vez máis potentes, como soe ser típico neste tipo de xogos. Hai que ter coidado cuns sensores que se te detectan disparan unha alarma que envía unha especie de cacharros voadores con ametralladoras que te persiguen (do estilo dos de Half Life 2). E tamén hai ametralladoras fixas con sensores que te disparan nada máis detectar a túa presenza. O bo é que se poden hackear resolvendo un pequeno puzle, o cal permite que os aparatos se poñan do noso lado e ataquen ós nosos enemigos. Gustoume que desde o principio estás en contacto por radio cun dos poucos superviventes que che vai contando a historia e guiando polos diferentes escenarios, de modo que non hai excusa para perderse.
Mención especial merecen as Little Sisters, unhas nenas nas que o ADAM tivo uns efectos moi extraños que van protexidas polos seus gardaespaldas con aspecto de buzo de 2 metros: os Big Daddies. A fórmula nena fráxil-gardaespaldas mangallón gustoume moito. De feito tes que matar o gardaespaldas (tarefa nada sinxela) para poder salvar ou cosechar á nena. A cambio gañas EVE co cal podes conseguir melloras xenéticas máis avanzadas. Existen varias máquinas expededoras para poder cambiar o EVE por esas melloras ou cartos por vida, ADAM, munición,… Quizáis hai demasiados elementos entre os plásmidos, armas, pocións, bonus e o xogador pode chegar a perderse. De feito chega un punto en que xa non sabes nin que utilizar en cada momento. Hai unha cousa que mola moito que é botar unha poción sobre o Big Daddy para que nos protexa como se fosemos unha nena. Hai que ver que caña lle mete ós enemigos…

En fin, como conclusión se pode dicir que é un xogo moi entretido, mistura de shot’em’up, aventura e algo de estratexia, coa que están aseguradas horas de diversión. Iso si, existen dous finais en función de como decidas tratar as nenas que colleites.
Deixa un comentario » |
Xogos | Tagged: adam, Big daddy, Bioshock, eve, little sister, rapture, videoxogo, xogo |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
30 Marzo 2008
Pois non hai moito decidinme a probar o famoso e a verdade é que está simpático. A súa principal vantaxe é que non é necesario instalar ningún programa no ordenador como sucede co famoso Second Life, tan so co navegador e os plugins adecuados (Shockwave), xa podemos entrar. Ó principio tes que caracterizar o teu personaxe entre varias opcións posibles (limitadas) tanto físicas como de roupa e complementos. Despois xa podes entrar na túa habitación (practicamente baleira ó principio) ou ir a zonas comúns para reunirte con máis xente e chatear con eles.

Os gráficos son isométricos, do estilo dos videoxogos dos anos 80, pero non por iso perde encanto, xa que a cantidade de usuarios que o utilizan é tremenda. Podes interactuar cos obxectos que atopas no escenario (sentarte, beber e comer cousas, bailar…) e ademáis cada certo tempo che reagalan un obxecto para decorar a túa habitación e créditos para acceder a determinadas áreas e servizos. O rexistro é gratuito, pero se decidimos adquirir créditos, estos nos servirán para comprar mobles, entradas para batallas de neve, concertos,… Podemos crear ademáis salas para compartir con amigos, con acceso libre ou privado e levar obxectos da nosa habitación para aí. Ó resultado final é un chat visual no que podes interactuar co entorno, unha filosofía similar a Second Life, pero sen 3D e moito máis ameno. De feito o de Second Life faime un pouco de graza, porque en realidade ese tipo de aplicacións levan existindo deste tempos inmemoriables (nos inicios de Internet). Recordo perfectamente o alucinado que me quedei cos Active Worlds nos meus comezos e aínda seguen existindo, de feito serviu sen dúbida de modelo para Second Life (e particularmente prefiro o primeiro, aínda que non é tan popular).
Deixa un comentario » |
Internet, Xogos | Tagged: active worlds, chat, habbo, hotel, Internet, second life, xogo |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits
22 Marzo 2008
Onte xoguei por primeira vez e a verdade é que asusta a facilidade coa que engancha. Trátase dun xogo de mesa de estratexia por turnos que provén de Alemaña e o distribúe Devir. As regras son similares as dos clásicos xogos de estratexia de ordenador como o Age of Empires ou Warcraft, pero simplificado de tal forma que se fai moi ameno (nalgúns momentos recorda ó Monopoli). O tableiro está deseñado de tal forma que cambia cada vez que xogamos, xa que hai que montalo coma un puzzle e a colocación das pezas varía dunha partida a outra. A mécanica é simple: temos que construir poblados e carreteiras mediante recursos que se obteñen en función da ubicación no taboleiro (madeira, cereais, lana, arcilla e minerais) e da tirada de dous dados. Ó principio parece máis complexo do que en realidade é, pero enseguida se colle o fío. E o feito de poder negociar cos contrincantes e cambiar materias primas da moito xogo. Ademáis hai uns ladróns que bloquean o suministro de materias primas dunha zona (que pode variar en cada turno) e cartas especiais (cartas de desarrollo) que dan “extras”, como puntos, materias primas adicionais, carreteiras,… O obxectivo final é lograr 10 puntos partindo de que cada poblado vale 1 punto e se o transformamos en cidade vale 2 puntos, aparte de outras cartas especiais que dan puntos adicionais. Vale a pena probalo.
[Máis información]
2 Comentarios |
Xogos | Tagged: catán, colonos, estratexia, mesa, turnos, xogo |
Ligazón permanente
Publicado por unfeixedebits